- Tempos de paso (seguridade viaria): Co obxectivo de garantir a seguridade e a convivencia co tráfico rodado, establécense os seguintes tempos máximos de paso:
- Cruce do Viso: 11:06
- Rotonda Santiago Apóstol: 11:20
- Cruce con Xosé Solla (Cruce de Pierres): 11:35
- Cruce Rosalía de Castro: 11:38
- Fonte do Conde: 11:40
- Meta: 11:50
Estes tempos marcan a reapertura da estrada ao tráfico.
As persoas que superen estes tempos deberán abandonar o circuíto e continuar como peóns, respectando as normas de circulación. Deberán dirixirse ao persoal da organización no punto correspondente, que tomará nota do dorsal e indicará o percorrido a seguir. Estas persoas non figurarán na clasificación, pero si recibirán avituallamento e agasallo de participación.
- Entrega de premios: A entrega de trofeos realizarase arredor das 13:15 horas, unha vez finalizadas as carreiras infantís.
- Agradecemos o voso apoio e ánimo ás categorías máis novas.
- Durante a espera poderedes gozar da oferta gastronómica da foodtruck: O Sabor das Rías Baixas.
- Prégase facer uso responsable de papeleiras e contedores para manter o espazo en boas condicións.
- Aparcadoiros: Debido a que a explanada estará reservada para o evento, hai moi poucas prazas dispoñibles nesta zona. Recoméndase acudir con antelación suficiente e facer uso de aparcadoiros alternativos.
Agradecemos a vosa colaboración e desexámosvos unha excelente carreira.
Un cordial saúdo,
Organización 7K